DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CD Viana comeza a segunda volta cunha gran vitoria

5-0 goleaba ao Soutopenedo CF no partido da xornada 18 desputado no campo rues do Aguillón

Despois do 2-0 favorable ao Soutopenedo no primeiro partido de liga desputado no mes de setembro de 2015, o CD Viana chegaba á xornada 18 (a primeira da segunda volta) con ganas de revancha, e vaia se se resarcian. 5-0 gañaban os vianeses ao Soutopenedo CF, no partido desputado na chuviosa tarde do 9 de xaneiro no campo do Aguillón na Rúa.

As intensas chuvias obrigaban ao conxunto celeste a utilizar o campo de herba sintética da Rúa (o das Carrelas estaba enchoupado), no que Pablo marcaba tres goles, Rober un e Héctor o quinto.

Con este resultado, e a falta do partido da xornada do Paderne no campo do Sande (10 de xaneiro ás 16h.), o Viana recupera o liderato en segunda autonómica que cedía hai unha xornada tralo empate nas Carrelas ante o Xunqueira de Ambía (3-3).

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button