DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O CD Viana en cuartos de final da Copa Deputación

O conxunto celeste empatou a uns en casa no partido de ida contra o CD Muíños

Coma nos vellos tempos, a afección acude ao campo das Carrelas para animar con forza ao CD Viana. E non é para menos. Non só se mantén no segundo posto da clasificación (a só tres puntos do líder) con todas as opcións de ascenso a primeira autonómica, senón que está inmerso na Copa Deputación.

Despois de superar 0-5 ao San Roque na fase previa; 3-0 ao Vilardevós nos 16avos de final; e 3-1 (nos penaltis) ao Allariz B en oitavos de final, na tarde do 24 de marzo empataba a 1 no partido de ida de cuartos de final no campo das Carrelas, ante o CD Muíños.

O partido de volta disputarase o 17 de maio.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button