CD VianaDeportesFútbolÚltima hora

O CD Viana golea ao Parada de Sil CF

 

Contundente vitoria do CD Viana fronte ao Parada de Sil CF no partido que disputaba nunha espléndida tarde de Domingo de Ramos, na casa con numeroso público. Numerosas persoas animaban ao conxunto vianés nas Carrelas, que iniciaba xa con forza o encontro e ademais sumando un gol en propia porta do Parada de Sil.

No primeiro tempo chegarían outros tres goles vianeses: o de Javier García no minuto 25, e xusto 60 segundos despois o de Héctor García e o de Marcos Prieto no minuto 32. E aínda houbo máis oportunidades de traspasar a portaría de Parada de Sil, pero finalmente non se materializaron en dous.

 

 

E tras o descanso do partido (no que se presentaban de xeito oficial as Escolas Deportivas Municipais de Viana do Bolo) chegaría un quinto gol vianés, neste cas co selo de Héctor García. Sería o definitivo, deixando o marcador en 5 a 0, xa que o equipo visitante non foi quen, pese aos intentos, de traspasar a portería vianesa.

Deste xeito, o CD Viana suma tres novos tantos nesta xornada 22 da Segunda Galicia (Ourense), grupo 3.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button