CulturaCulturaEducación

O CEIFP de “A Farixa” celebra un recital en homenaxe a Carlos Casares

O acto encheu o auditorio do centro.

O Centro Integrado de Formación Profesional A Farixa celebrou hoxe, 16 de maio, un festival en homenaxe a Carlos Casares, no que participaron profesores e alumnos, e que se enmarcan dentro dos actos conmemorativos do Día das Letras.

A xornada comezou cun pequeno recital de poesía, análise sobre a tradución de “El Principito” de Saint Exupery, lectura do poema “Amemos”, apunte biográfico sobre Carlos Casares, repartido en varias fases a cargo dun grupo de alumnos, stop motion sobre Casares, actuacións musicais por parte de alumnos e profesores que interpretaron pezas alusivas á data e tamén outras en homenaxe á fala galega.

A xornada deu fin coa interpretación do himno galego e o agradecemento dos presentes ós organizadores e participantes no acto.

Artigos relacionados

Back to top button