CulturaCulturaEducación

O CEIP Antonio Faílde de Coles e o CEIP Seixalbo sufrirán obras para a mellora enerxética dos edificios

Educación investirá 940.000 euros entre os dous centros, cofinanciados con fondos europeos, para levar a cabo devanditos traballos durante os meses das vacacións de verán
Marisol Díaz e Luz Fernández na súa visita ao Colexio de Coles.

A Concellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vai acometer esta ano as obras de mellora enerxética do CPI Antonio Faílde de Coles e do CEIP de Seixalbo, en Ourense. Estas obras teñen un orzamento estimado de preto de 940.000 euros cofinanciados con fondos europeos Feder e repartidos a partes iguais entre os dous centros.

Así o explicou hoxe, 22 de marzo, a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, nunha visita ao centro escolar de Coles, onde explicou que estas actuacións contémplanse dentro do plan de mellora da eficiencia enerxética que se puxo en marcha o ano pasado en toda Galicia e que continúan no presente exercicio, con actuacións en oito centros escolares a razón de dous por provincia, e que suporán un investimento de preto de catro millóns de euros. Na súa visita, Díaz Mouteira estivo acompañada polo xefa territorial do departamento, Luz Fernández.

Nestes momentos, informan dende a Xunta, o departamento de Educación está redactando os proxectos técnicos coa previsión de licitar as obras entre abril e maio e poder comezar os traballos durante o período non lectivo das vacacións de verán, co fin de no interferir na actividade académica e para que podan estar rematadas de cara ao inicio do próximo curso escolar.

Segundo Marisol Díaz Mouteira, estas obras “demostran o compromiso da Consellería de Educación co benestar da comunidade escolar co fin de que este redunde nunha maior calidade das instalacións educativas. Destacou que “o Goberno galego traballa para seguir avanzando na adecuación das infraestruturas co fin de continuar mellorando as condicións de traballo e estudo dos mestres e alumnos”.

Os traballos consistirán principalmente no illamento da fachada, da cuberta e das caixas de persianas, a substitución das luminarias por equipos de alta eficiencia enerxética con detectores de presenza nas zonas comúns, así como a substitución das fiestras que aínda non foran cambiadas. Ademais, aproveitando a realización destas obras de eficiencia enerxética, se executarán outras actuacións que consistirán na substitución de falsos teitos, a reparación e pintado de zonas interiores e exteriores, así como a revisión da instalación eléctrica.

As obras consistirán na mellora enerxética dos centros escolares.

Artigos relacionados

Back to top button