CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP barquense Julio Gurriarán terá finalmente pavillón

Nesta actuación a Consellería de Educación ten previsto investir uns 441.424 euros
Unha das concentracións celebradas no patio do Julio Gurriarán para demandar o pavillón./ Foto: Mónica G. Bellver.

Despois de anos de reivindicacións, promesas que non chegaban a cumprirse e continuos retrasos, o CEIP Julio Gurriarán do Barco parece que vai ter finalmente o seu pavillón cuberto. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ten programadas ata o ano 2021 obras en 8 centros educativos da provincia de Ourense, entre as que figura a do centro escolar barquense, que era o único da comarca que ata agora non dispoñía desta infraestrutura.

Así para o peche da pista no CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas a consellería destinará 441.424 euros, segundo se informa dende este departamento autonómico.

Dentro das actuacións da consellería na provincia inclúese unha previsión para a creación dun Centro Galego de Innovación da FP en Ourense, cun investimento de 3,5 millóns de euros. En calquera caso, está obra quedaría pendente dos acordos coa Deputación.

 

Artigos relacionados

Back to top button