ConcellosÚltima hora

O CEIP Bermúdez Couso de Trives, no programa Voluntariado de Lectura-A

Esta iniciativa ten como destinatario o alumnado de 5º e 6º cursos de ensino primario co obxectivo de estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e coa lectura

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución cos centros seleccionados para participar no programa Voluntariado de lectura-A, entre os que está o CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso (A Pobra de Trives). Esta iniciativa na que participará o centro ourensán está enmarcado no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, que busca formar o alumnado nestas actitudes e no compromiso co seu entorno máis próximo e coa sociedade na que vive. A iniciativa desenvólvese en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

A participación nesta iniciativa levará consigo a organización no centro dun obradoiro específico destinado ao alumnado voluntario. Esta actividade poderá estar relacionada coa narración oral e a lectura expresiva, sobre circuítos e libros, a elaboración de booktrailers, un laboratorio de radio, os xogos cooperativos e tradicionais ou a música e danza tradicionais.

Como actividade integrada nos programas de voluntariado da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, o alumnado directamente implicado e responsable das actividades de voluntariado de lectura e de atención á biblioteca escolar recibirá un diploma pola súa colaboración como acción de voluntariado cultural, así como material divulgativo e de apoio ao programa.

 O programa

Voluntariado de lectura-A ten como destinatario o alumnado de 5º e 6º cursos de ensino primario co obxectivo de estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura. A acción divídese en tres modalidades. A primeira delas consiste na colaboración coa biblioteca escolar, na que o alumnado forma parte do equipo de colaboradores que xunto co profesorado, e baixo a súa supervisión, contribúen ao bo funcionamento deste espazo no seu centro.

Na segunda modalidade, Ler con… D (Lecturas compartidas dentro do centro), o alumnado participa no deseño e organización de actividades de acompañamento na lectura a outros compañeiros, a través de fórmulas como os apadriñamentos lectores, a titorización lectora, ou as lecturas compartidas, entre ou outras.

Por último na terceira modalidade, Ler con… F (Lecturas compartidas fóra do centro), o alumnado participa no deseño e organización de actividades de acompañamento na lectura a outros nenos e nenas, doutros centros educativos, incluídas as escolas infantís; lectura a anciáns nas residencias de maiores; lectura a enfermos nos hospitais, etc. Así mesmo, poden incluírse neste apartado actividades nas que o alumnado teña unha participación

Artigos relacionados

Back to top button