CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

O CEIP Condesa de Fenosa do Barco festexa o Día da Muller con marchas, música, poesía e manifestos

A comunidade educativa celebraba esta data con actividades no exterior do centro que tiñan como principal escenario O Salgueiral

 

Con camiñatas reivindicativas da igualdade, poesía, manifestos, música e ata baile festexaba a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco o Día Internacional da Muller. Facíao nun acto central na área recreativa do Salgueiral e un día antes, da data oficial, ante a previsión de meteoroloxía adversa. Boa parte do alumnado vestía roupa de cor negra e todos levaban un distintivo redondo de cor violeta decorado por eles.

Pasadas as doce e media chegaba ao Salgueiral o grupo dos maiores, tras realizar unha marcha dende a ponte de Vilamartín e volta por Arnado e iniciábase o acto principal da celebración da man de Rubén, un dos escolares do centro, que, tras a pancarta realizada polo alumnado a semana pasada, aseguraba que “hoxe os alumnos e alumnas do CEIP Condesa Fenosa reunínomos para declarar o noso espazo de traballo, as nosas aulas e o noso grupo como espazo libre de machismo”.

 

 

Deseguido, un grupo de alumnos e alumnos reciba o poema “Para ti mujer escribo” de Margarita Carrete de Tafur e finalmente outros catro estudantes procedían a dar lectura ao manifesto do 8 de marzo. E como broche do acto, a comunidade educativa bailaba ao ritmo do tema “Terra” do trío Tanxugueiras.

A continuación a pancarta elaborada pola comunidade educativa pendurábase da pasarela sobre Sil e logo dábase paso a un xantar campestre con todo o alumnado do colexio como fin de celebración.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button