CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Condesa de Fenosa gaña “Menudos Sabios”

Os rapaces do Barco fixéronse co 1º premio do concurso escolar de El Rosal de Ponferrada
Os alumnos do colexio barquense no concurso.
Os alumnos do colexio barquense no concurso.

Os alumnos de quinto curso do colexio Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras gañaban na mañá do sábado día 7 de xuño o Concurso Intercomarcal “Menudos Sabios”, organizado polo centro comercial O Rosal de Ponferrada en colaboración coa Televisión autonómica de Castela-León.

No concurso participaron 24 colexios das comarcas do Bierzo, Laciana, Valdeorras e Maragatería, que foron enfrentándose entre sí, desenvolvéndose cinco eliminatorias ata chegar á final que se desputaba a comezos de xuño.
Na gran final enfrontáronse os colexios de San Antonio de Ponferrada e o Condesa de Fenosa do Barco, gañando este último cunha puntuación de 290 puntos fronte os 190 do primeiro.

Tal como explican dende o centro barquense, no concurso, que consta de tres fases, hai que demostrar os coñecementos de naturais, xeografía e historia, deportes, etc, así como a comprensión dun video e a capacidade para resolver un quebracabezas.
Como equipo gañador, os rapaces do Barco trouxeron para Valdeorras o premio de 1.000 euros para o colexio e moitos agasallos para os participantes.

Dende o centro, dan a “noraboa a estes pequenos sabios e aos seus mestres”.

Fotos: cedidas como CEIP Condesa Fenosa do Barco

MenudosSabiosCondesa1

MenudosSabiosCondesaFe2

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button