En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O CEIP Condesa de Fenosa reivindica a ampliación da súa cociña con motivo da visita da conselleira de Educación

A visita tivo lugar nesta mañá de 30 de xullo, debido ás obras que se están a realizar no colexio barquense

O director do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco, Francisco Pérez Lemos, aproveitou a visita de Carmen Pomar, a conselleira de Educación para reivindicar a ampliación do comedor escolar do centro. Así, esta visita tivo lugar debido ás obras que se estan a realizar neste colexio e no CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas. A conselleira explicaba que “o obxectivo desta obra é o aforro enerxético, a cal suporá un 25% menos de gasto”.

 

Estado dunha das remodelacións actualmente.

 

As obras que se están a realizar teñen un investimento de 634.813,95 euros e consisten na colocación de aislante nos teitos, cambio de chan, fiestras, porta de entrada, canalóns, iluminación e pintura de todo o centro. Esta remodelación terá que estar rematada para o 11 de setembro, xa que as obras en centros educativos téñense que levar a cabo no período non lectivo.

Sen embargo, o director do centro, Francisco Pérez transladoulle á conselleira a necesidade de ampliación da cociña, petición que levan anos comunicando. “É unha cociña moi pequena para os 370 nenos que comen aquí, as cinco traballadoras non teñen espazo para traballar”, explicaba. Ademais, afirmaba que o espazo para a ampliación, non sería un problema, xa que hai un pasadizo con metros suficientes para desenvolvela.

Logo de comunicarllo a Carmen Pomar, o director do centro afirmaba que “hai boas perspectivas”, xa que Alfredo García, alcade do Barco “tamén se animou”, aínda que todavía non se saiban prazos nin datas. Dende a Consellería afirman que “hai unha vontade firme de acometer esta ampliación, estamos a buscar co Concello unha solución conxunta, xa que é unha obra complexa, tanto dende o punto de vista urbanístico coma arquitectónico”.

Texto: Alba Prada

Fotos: Mónica G. Bellver

Máis información sobre o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas: https://osil.info/o-ceip-plurilingue-julio-gurriaran-canalejas-recibe-a-visita-da-conselleira-de-educacion/

Artigos relacionados

Back to top button