ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O CEIP Condesa Fenosa do Barco presenta en Santiago o seu proxecto “Fonte de vida” sobre o leite materno

Participaba, xunto a outros 16 centros escolares galegos na III Feira PITEAS na Cidade da Cultura

Ata a Cidade da Cultura en Santiago desprazábanse alumnos de 6°A do CEIP. Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco para participar, xunto a outros 16 centro escolares galegos, na terceira edición da Feira PITEAS (Programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento) neste venres 14 de xuño.

Alí presentaba o seu proxecto “Fonte de Vida” no teñen traballado neste curso que agora remata sobre a lactancia materna, os seus beneficios, a súa consideración social, as singularidades do leite materno e as diferenzas con outros leites, etc.

No Programa de innovación educativa Piteas están integrados 17 centros de Primaria e Secundaria de toda Galicia e entre eles está o Condesa de Fenosa.

Fotos CEIP Condesa Fenosa.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close