CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O CEIP do Bolo visita a Granxa Escola A Capilla de Lentellais

 

O alumnado do CEIP do Bolo pasaba unha xornada moi especial o 21 de novembro. Mudaba as aulas do centro escolar polos prados e as instalacións da Granxa Escola A Capilla de Lentellais (O Bolo).

Ao longo da visita os nenos descubrían de forma lúdica e divertida as diferentes partes desta explotación agrogandeira, na que se crían galos de Mos e cordeiros da raza ovella galega, así como o seu funcionamento. Vían os galos e tamén as ovellas e os cordeiros, e mesmo se achegaban e interactuaban cos animais.

Tamén había tempo para botar un partidiño de ping pong. Ademais os cativos xantaban nestas mesmas instalacións como broche da visita.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button