En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O CEIP Julio Gurriarán despide o curso cunha animada festa hippy

Los Íñigos puxeron o broche cun divertido concerto de temas dos anos 60 e 70

O curso 2016/2017 chegou ao seu fin e os centros escolares de Valdeorras van collendo as vacacións. No CEIP Julio Gurrirán do Barco de Valdeorras facíano ao grande na mañá do 22 de xuño, cunha completa e animada festa hippy, organizada pola ANPA Aturuxo, na que non faltou detalle.

Coas flores, diademas, e globos como principal decoración, o centro barquense de Educación Infantil e Primaria comezaba xa a celebración en torno ás nove e media da mañá no patio. Dende ese momento e ata o mediodía, a música ambiente (non faltaron temas tan de moda como Despacito de Luis Fonsi), as maquillaxes e pinturas en cara e brazos e as fotos no photocall, foron os protagonistas. Tamén os hinchables nos que os cativos desfrutaron brincando e saltando sen descanso.

Despois chegaría o almorzo e xa en torno ás 13h. toda a comunidade e ducativa (alumnos, profesores, pais e nais,…) trasladábase ata a zona do patio cuberto para o broche final: a actuación do grupo local de versións dos 60 e 70, Los Íñigos. A ritmo de guateque, con temas como Vacaciones de verano, Un rayo de sol ou July, bailando e aplaudindo, o Julio Gurriarán despedía o curso e aos cativos ata despois do verán.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button