ConcellosO BarcoÚltima hora

O CEIP Julio Gurriarán do Barco acollerá mañá a asemblea da Federación de ANPAS de centros públicos

Ás 12:30h. no propio centro escolar, Josito Porto e Víctor Mosqueira representarán 'Cartoóns', un espectáculo cómico-clown silencioso aberto á poboación

Fachada principal do CEIP Julio Gurriarán./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O CEIP Julio Gurriarán, no Barco de Valdeorras, acollerá mañá sábado 2 de xullo a asemblea da Federación Provincial de Asociacións de Nais e Pais de Centros Públicos de Ourense, FAPA As Burgas á que están convocados un cento de representantes doutras tantas ANPAS integradas nesta Federación.

Na orde do día da asemblea, aparte da aprobación se procede de contas e presupostos, figura unha proposta de actualización dos estatutos para adaptalos a novidades lexislativas e cambios ou ampliacións nas actividades da FAPA. A Xunta directiva, presidida por José Antonio Álvarez Caride, opta á un novo mandato incorporando xente con ideas e gañas de traballar a prol dun ensino público de calidade.

Despois da asemblea presentarase ós asistentes o proxecto de Escola de PaIs e Nais Pola Igualdade de Xénero a desenvolver entre setembro e novembro próximos en nove sesións en centros de Ourense, O Carballiño, Ribadavia, Celanova, Allariz, Maceda, Xinzo de Limia, Verín e O Barco de Valdeorras.

 

 

Ademais, ás 12:30 horas e no propio centro, a compañía Excéntricas, de Josito Porto e Víctor Mosqueira, representarán Cartoóns, un espectáculo cómico-clown silencioso, que berra a prol da reciclaxe, a natureza e a solidariedade ao que poderán asistir os valdeorreses que o desexen ata completar o aforo (95 persoas). Para solicitar entrada gratuíta visitar este enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSceF-9Kk_MhjnHSbPiMBOIjlqHOGQWUfoXboyionCitGt5a4A/viewform

Os participantes no encontro da FAPA As Burgas no Barco coñecerán tamén o Obradoiro de Xogos Populares, coidando as nosas tradicións que a Federación levará por distintos centros escolares o próximo curso escolar.

 

Artigos relacionados

Back to top button