CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

O CEIP Julio Gurriarán do Barco despide o curso coa I Convivencia da ANPA Aturuxo

A animada actividade incluíu música, festa da escuma, inchábeis e merenda

Ao grande. Así despedían o curso 2018/2019 no CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras, da man da ANPA Aturuxo.

A Asociación de Nais e Pais foi a encargada de organizar a convivencia familiar que tiña lugar na tarde do mércores 19 de xuño. Unha animada xornada de diversión na que alumnos, profesores e familiares desfrutaron xuntos, entre risas, brincos e merenda. Con música, inchábeis de diferentes estilos, festa da escuma, pica pica e ata un posto de “perritos” e outro de flocos de millo, pasaron dúas intensas horas.

Agora chegan as vacacións e despois do verán, se todo vai segundo o previsto, o colexio contará xa co demandado pavillón xa que a ANPA recibía hai uns días unha carta da conselleira de Educación, Carmen Pomar, coa confirmación do inicio das obras.

Fotos: ANPA Aturuxo.

Artigos relacionados

Back to top button