En portadaÚltima hora

O CEIP Manuel Bermúdez Couso de Trives estrea o seu documental en homenaxe aos avós

“Raiolas de luz” foi proxectado en dous pases no Auditorio Julio Vázquez, diante dos seus protagonistas

Vestido de gala e cunha alfombra vermella, o Auditorio Julio Vázquez de Trives recibía na tarde do 30 de xuño, aos asistentes á estrea do documental sobre a memoria dos avós realizado polo CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso.

“Raiolas de luz” é o resultado dun longo traballo sobre as familias que o centro escolar trivés realizou ao longo do curso, no que participaron nenas e nenos do CEIP, o claustro de profesores e os familiares dos alumnos do centro. “Foron moitas horas de grabación cos avós e ao final eliximos aos de máis idade porque son os que máis teñen que contar, a maior ten 106 anos e a súa aportación foi impresinante”, explica María Lamelas, directora do centro e do documental.

 

Un fotograma do documental.

 

Este traballo audiovisual, supón unha ollada ao pasado. Nel, sorrisos e bágoas mestúranse ao ver aos meniños medrar, rir, correr “lembrando as nosas vidas, as vivencias, a dureza dunha vida que deixou pegada na nosa pel”, explican dende o centro. Aquela escola, hoxe baleira, o campo da festa, o canto dos carros ao baixar polas rúas, as bágoas dos emigrados,… son lembranzas reflexadas no filme polos seus protagonistas que botan de menos os traballos en conxunto, as mallas, a vendima, a sementeira da patacas, as feiras,… O que de seguro non estrañan son os tempos da guerra e da posguerra, unha época na que moitos tiveron que esconderse durante meses na entrañas da terra. “Grabamos no colexio e tamén en exteriores, nunhas cobas impresinantes nas que se escondían, na zona de Castro Caldelas cara o Canón do Sil, algunhas naturais e outras feitas por eles, nas que se conservan artigos daquela época, é algo impresionante, coma se se houbera detido o tempo”, di María.

Todas esas vivencias, alegrías e penas duns doce avós, poden verse no dvd de 40 minutos de duración co que agasallon aos protagonistas o día da estrea que tivo dous pases.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button