CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Manuel Bermúdez Couso de Trives peregrina a Compostela

Ao longo deste curso o alumnado traballaba nun proxecto sobre o Camiño de Santiago

 

No marco da celebración deste Xacobeo 2021/2022, o alumnado do CEIP Bermúdez Couso de Trives traballaba ao longo deste curso nun proxecto arredor do Camiño de Santiago. Nel abordaban diferentes rutas xacobeas: o Camiño de Inverno, o Camiño Francés, o Camiño Inglés e o Camiño Portugués.

Este proxecto culminaba nesta semana cando o alumnado de 4º, 5º e 6º facía o Camiño de Santiago dende Ribadiso, en tres etapas, nas que entrevistaban a peregrinos. A pasada noite durmían no Monte do Gozo e hoxe emprendían camiño cara a praza do Obradoiro de Compostela para chegar á catedral, onde se encontraban co resto de estudantes e profesores do colexio trivés.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button