CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Manuel Respino da Rúa acollerá un curso de cociña básica e restauración

As clases desenvolveranse do 24 ao 28 de setembro de 17 a 20 horas
Parte da fachada do CEIP Manuel Respino da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

Entre o luns día 24 e o venres día 28 de setembro, as instalacións do CEIP Manuel Respino da Rúa acollerán  de 17 a 20 horas, un curso gratuíto de cociña básica e restauración.

O curso está organizado pola Asociación GDR7 Valdeorras, no marco do programa de desenvolvemento rural 201-2020, e as inscricións están abertas ata o día 23 de setembro nas oficinas do Concello da Rúa ou na sede do GDR7 sita na Casa Grande de Viloira, no Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button