Galerías de fotosSen categorizar

O CEIP Otero Pedrayo, de excursión en Madrid

Xa na recta final deste curso 2013/14 o CEIP Otero Pedrayo do Barco organizaba unha excursión a Madrid. Nela participaban, ademais de profesores do centro, 42 alumnos de primeiro a sexto de primaria.

A viaxe tiña lugar entre os días 11 e 12 de xuño e incluíu, entre outras actividades, a asistencia ao espectáculo musical “O Rei León”, visitas ao Escorial e ao Museo do Padro e tamén ao Parque Warner.

Xa en decembro os alumnos do centro participaban noutra excursión na que puideron desfrutar do Circo do Sol.

Fotos: cedidas polo CEIP Otero Pedrayo do Barco

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button