Como cada ano por estas datas, o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras ten preparado un completo programa navideño cheo de actuacións musicais e visitas.
A primeira tiña lugar na tarde do 16 de decembro. Unha representación do alumnado cantaba e bailaba para os maiores da Residencia N. Sra. de Fátima do Barco que, a modo de recompensa por animarlles a tarde, agasallaron a cada neno cunha manualidade feita por eles mesmos.
Mañá, martes 17 de decembro, o alumnado de Infantil do centro escolar barquense recibirá a visita do Apalpador entre as 10:15 e as 12h.
Fotos cedidas.