CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán abre o ano das Letras de Florencio cunha charla de Ricardo Gurriarán

 

Pouco a pouco vanse sucedendo as actividade na horna ao homenaxeado das Letras Galegas 2022, o autor valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán.

Na tarde do xoves 17 de febreiro presentábase no edificio multiusos do Barco a reedición feita pola editorial Galaxia dos tres poemarios do autor natural de Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), nun acto ao que asistía Ricardo Gurriarán. E aproveitando a visita, o biógrafo de Florencio Delgado Gurriarán, catedrático e historiador achegábase na mañá deste venres día 18 ata o CEIP Plurilingüe Julio Gurrriarán Canalejas para inaugurar as actividades das Letras Galegas deste ano no centro.

Así, diante dos alumnos de 6º de Primaria Ricardo fixo un percorrido histórico pola vida e obra poética de Florencio, persoeiro ao que tan ben coñece, nunha amena charla cargada de anécdotas e curiosidades que interesou e agradou moito aos pequenos.

Fotos: CEIP Julio Gurriarán.

Artigos relacionados

Back to top button