ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas recibe a visita da conselleira de Educación

A visita tivo lugar hoxe, 30 de xullo, con motivo das obras de substitución da cuberta e peche lateral da pista deportiva

O CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas do Barco recibiu hoxe a visita de Carmen Pomar, conselleira de Educación, con motivo das obras que se están a desenvolver no centro. Estas obras, cuxo investimento ronda os 400.000 euros, consisten na substitución da cuberta con panel illante intermedio e no peche lateral da pista deportiva situada no patio do centro. O CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa tamén recibiu a visita da conselleira.

 

A conselleira de Educación, Carmen Pomar e o alcalde do Barco, Alfredo García, durante a visita.

 

Ademais, instalaranse aseos, vestiarios, un almacén, e un espazo cuberto contiguo, como alternativa á pista deportiva en caso de choiva. Así, a conselleira anunciou nesta visita que asinará un acordo co Concello do Barco para que a poboación barquense poida utilizar as instalacións en horario non lectivo.

O prazo para esta obra será ata o 11 de setembro, día no que comezará o curso escolar.  “Estamos seguros de que o compromiso das empresas se vai levar a cabo, e que os cativos poderán desfrutar das novas instalacións cando comece o curso”, afirmaba Carmen Pomar durante a visita. Pola súa banda, o alcalde do Barco, Alfredo García afirmaba que “é certo que este pavillón costou, pero toca felicitarnos mutuamente”

Texto: Alba Prada

Fotos: Mónica G. Bellver

Máis información sobre o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa: https://www.osil.info/o-ceip-condesa-de-fenosa-reivindica-a-ampliacion-da-sua-cocina-con-motivo-da-visita-da-conselleira-de-educacion/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close