CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán do Barco despide o curso cunha festa por todo o alto

A celebración, organizada pola Anpa Aturuxo, incluíu inchábeis, un dj e festa da escuma

 

Despois de ter que aprazala polo mal tempo (inicialmente estaba programada para o día 22) a esperada festa de fin de curso do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán, do Barco de Valdeorras, era todo un éxito.

 

 

Organizada pola ANPA Aturuxo, a celebración tiña finalmente lugar na tarde do martes 28 de xuño, acompaña desta volta por un resplandecente sol, e estendíase ao longo de tres horas e media. Un tempo no que os cativos desfrutaron dos inchábeis, da música e animación do dj berciano Motto, acompañado duns cantos watios de son, e dunha multitudinaria e colorida festa da escuma (Joypa) onde participaron pais e alumnos e que servíu de colofón a un fin de curso por todo o alto.

 

 

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button