CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá ten traballado neste curso en diversas iniciativas sobre a Serra da Enciña da Lastra

Entre elas figura unha enorme pintura mural, obra do valdeorrés Xandre, que pode verse no exterior deste centro valdeorrés

Arredor do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra está a traballar ao longo deste curso a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá a través de diversos proxectos. Un deles, con motivo do Entroido, foi a preparación dunha comparsa (coa súa correspondente carroza) na que tanto nenos como maiores se disfrazaban de cabras, tomando como referencia un dos animais relacionados co parque. Neste caso a iniciativa estaba promovida polo centro en colaboración coa ANPA.

 

 

Despois, tamén incidindo na fauna características deste parque valdeorrés, estreaban nesta primavera na fachada dun dos edificios do centro un xigantesco mural, obra do artista vilamartinés “Xandre”, que recrea a figura dunha fermosa aguia, que se ten convertido no emblema do centro. Neste caso era un proxecto da ANPA.

 

 

Ademais o centro, coa colaboración coa ANPA, desenvolvía outras iniciativas para achegar aos máis pequenos á natureza e a un entorno tan valioso, rico e próximo como é o parque natural do seu propio concello. É o caso das mochilas viaxeiras de cada un dos nenos ou da recreación en diferentes zonas do centro escolar de espazos con diferentes especies de fauna (como é o caso de aves e insectos) e flora do parque natural.

Fotos: Carlos G. Hervella/ cedidas pola ANPA.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close