EconomíaEconomíaÚltima hora

O Centro Comercial Aberto O Barco sae á rúa coa campaña “Con P de Pai”

Hoxe e mañá terá un stand na praza do Concello de 11 a 13:30 horas

 

Premiar aos clientes e promocionar o sector comercio e hosteleiro ao tempo que se conmemora o Día do Pai é o triple obxectivo co que o Centro Comercial Aberto O Barco pon en marcha a campaña “Con P de Pai”.

Unha campaña que poñían en marcha na mañá deste mércores 17 de marzo, coa instalación dun stand na praza do Concello ao que poden acercarse os clientes dos establecementos asociados para depositar nunha urna os seus tíckets de compra, cun nombre e un número de teléfono de contacto.

Entre todos os participantes sortearanse dous vales de compra por valor de 100€ cada un, para investir nos establecementos asociados ao CCA O Barco. Ademais, os clientes que depositen o seu tícket de compra beneficiaranse dun vale por un café gratuíto que poderán canxear nos establecementos hostaleiros participantes na campaña (Café Teatro Bajo 5, Café Bar San Roque, Cafetería Fernando III, Cervecería 13/14, Churrería A General, El Cafetín, La Maltería, Panadería Santigoso e Piquiño).

O stand do CCA O Barco estará na praza hoxe e tamén mañá, en horario de 11 a 13:30 horas.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button