CulturaCulturaÚltima hora

O Centro Cultural Avenida da Rúa abre a programación de outono con Baobab Teatro

A obra "Mai Mai" sobre o último oso panda do planeta chegará a Valdeorras este domingo 15 de setembro ás 18h.

Despois do parón estival, o Centro Cultural Avenida da Rúa abre este domingo 15 de setembro, a programación deste segundo semestre. E faino con Baobab Teatro, compañía especializada en teatro familiar a partir de 4 anos, que presenta Mai Mai.

Ao longo duns 50 minutos, a obra narra a historia do último Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, nun mundo no que a falta de comida xunto cos problemas ocasionados polo quecemento global pon en perigo a subsistencia da súa especie. Sobre o escenario, unha muller forte e emprendedora e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar a ese último panda, toda unha aventura na que se atoparán cun montón de problemas que solventar… Trátase dunha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental que poderá desfrutar o público valdeorrés a partir das seis da tarde.

Dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios as próximas citas no CCA serán o 27 de outubro con O mago de Oz, de Avento Producións Teatrais; eo 22 de decembro con Maxia espectacular, de Abarajar Producciones.

Fotos: Baobab Teatro.

Artigos relacionados

Back to top button