O Centro Cultural Avenida da Rúa abre a tempada de cine o 18 de xaneiro coa proxección de “Aquaman”

Entre as propostas ata febreiro están Bohemian Rhapsody, El Grinch e Superlópez

Interior do Centro Cultural Avenida da Rúa./ Foto: Carlos G. Hervella.

Depois dun tempo sen programación, volve o cine ao Centro Cultural Avenida da Rúa. E faino con seis filmes de recente estrea. O primeiro co que se abrirá a tempada é Aquaman, con proxeccións o venres 18 de xaneiro, ás 22h; o sábado 19, ás 20 e ás 23h; o domingo 20, ás 20h; e o luns día 21, ás 22h. Para o público infantil, o sábado e o domingo ás 17 horas proxectarase El Grinch.

Na seguinte fin de semana (25-28 de xaneiro), tocaralle o turno á Bohemian Rhapsody (o venres ás 22 horas; o domingo ás 20 e ás 23h. e o luns ás 22 horas).

E xa para o mes de febreiro hai programados dous filmes. Do 1 ao 4 proxectarase Superlópez (o venres 1, ás 22h; o sábado 2, ás 17 e ás 20h; o domingo 3, ás 17 e ás 20h; e o luns 4, ás 22h.). E na fin de semana do 8 ao 11, poderá verse Glass (o venres 8, ás 22h; o sábado 9, ás 20 e ás 23h; o domingo 10, ás 20h; e o luns día 11, ás 22h.) Para o público infantil, o sábado e o domingo ás 17 horas proxectarase Ralph rompe Internet.

 

Carteleira do CCA da Rúa para xaneiro e febreiro.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies