CulturaCulturaÚltima hora

O Centro Cultural Avenida da Rúa programa unha función desde Facebook Live para este domingo

A obra de teatro "Castrapo” da compañía Os Náufragos poderá seguirse en directo a partir das 18:30 horas

Fachada do Centro Cultural Avenida da Rúa. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A delicada situación sanitaria marcada polo coronavirus obriga a buscar alternativas para manter activa a programación cultural dun xeito seguro.

Por iso, co obxectivo de “non perxudicar o desenrolo desta actuación que tiñamos conveniada, darlle a máxima difusión e, á súa vez, que todos desfrutemos da obra, Castrapo da compañía Os Náufragos será retransmitida mediante un directo na páxina de Facebook do Centro Cultural Avenida, este domingo 15 de novembro ás 18:30 horas”, adiantan dende o departamento de Cultura do Concello da Rúa. Unha iniciativa a través da cal, de xeito gratuíto, poderase desfrutar do teatro dende a casa.

Castrapo conta a historia de Daniel, un  escritor galego emigrado a Madrid que retorna á súa terra e no camiño encóntrase con Rosa que se dirixe ao mesmo destino. Nesta viaxe, o protagonista reencóntrase co seu pasado e coa necesidade de atopar as súas raíces.

 

Artigos relacionados

Back to top button