OurenseÚltima hora

Exposición pictórica sobre os espazos naturais da provincia no Marcos Valcárcel

“Ourense é arte” abre as súas portas ao público hoxe, 29 de abril, ás 20.15 horas
Presentación da exposición Ourense é arte, de Paco Ascón.
Presentación da exposición “Ourense é arte”, de Paco Ascón.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acolle dende hoxe unha nova exposición pictórica. Baixo o título “Ourense é arte”, as obras que asina o pintor Paco Ascón, ofrecen ao espectador unha viaxe polos recunchos máis emblemáticos da provincia. A apertura oficial de portas está prevista para esta tarde, 29 de abril, ás 20.15 horas.

A mostra foi presentada onte a través da Deputación de Ourense, ente que a promove. Así, Ascón estivo acompañado polo vicepresidente da institución provincial, Rosendo Feránez, o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez, e o director do Centro Cultural, Francisco González.

Artigos relacionados

Back to top button