OurenseÚltima hora

O Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense acolle unha mostra de pintura

A exposición “Sombra natural” de Juan Carlos Román inaugúrase esta tarde e poderá visitarse ata o día 15 de agosto
Francisco González, Ángel Cerviño, Rosendo Fernández e Juan Carlos Román.

Dende hoxe ás 20h. (inauguración) e ata o 15 de agosto, o Centro Cultural “Marcos Valcárcel” acollerá unha nova mostra de pintura nas súas instalacións.

“Sombra natural” do artista Juan Carlos Román pretende facer un retrato imaxinario español e nela amósanse pinturas, debuxos e colaxes que definen o carácter discursivo do artista, onde mantén ese carácter crítico, irónica e ás veces, incisivo nas súas imaxes e pensamentos. Na presentación, o comisario da mostra Ángel Cerviño lembrou que a obra de Juan Carlos Román “hai que pasala polo filtro da ironía, da retranca”, mentres que, o artista destacou que con esta mostra pretende demostrar que “ser un pintor figurativo implica unha carga relixiosa e ética”.

 

Artigos relacionados

Back to top button