CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O Centro de Deportes Barco amosa o seu apoio ao novo CD Córgomo Vilamartín

Escudo do CD Barco.

 

Apenas uns días despois de facerse pública a creación do novo Club Deportivo Córgomo Vilamartín, a xunta directiva do Centro de Deportes Barco facíase eco na nova, amosando a súa sorpresa e total apoio á iniciativa.

“Ben sabemos que non é sinxelo, e aínda por riba na actual situación pandémica que estamos a vivir, que un movemento xuvenil aposte polo noso deporte rei, polo que sentimos que estamos na obriga moral de apoiar a este novo equipo no que moitos dos seus componentes nun pasado foron xogadores do noso club”, asegura o presidente do CD Barco, Nilo Ramos, asegurando que se poñen á sua disposición para todo o que lles puidera surxir (asesoramento, material, servizos, etc.), se así o consideran oportuno.

“Ó fin o importante non é un nome, senón o conxunto de todos os que suman no noso territorio, Valdeorras”, conclúe o comunicado feito público polo club vermello.

 

Escudo do novo club de fútbol.

Artigos relacionados

Back to top button