Trala decisión da Xunta de Galicia de suspender as competicións do deporte federado de ámbito autonómico anunciada onte, a directiva do Centro de Deportes Barco vén de emitir un comunicado para informar da interrupción dos adestramentos dos equipos de base, porque “sempre demos e seguimos dando máxima prioridade á saúde e á seguridade de todos os integrantes das nosas categorías inferiores”, aseguran.
A directiva barquense, con Nilo Ramos á fronte, tamén garante que cumprirán “coa máxima rigurosidade” os protocolos e as normativas que se establezan a tal efecto. “Volveremos tan pronto sexa posible pero sen ningún tipo de presa, como tampouco teremos presa despois en acabar os adestramentos dos equipos das nosas categorías inferiores”, din.