EconomíaEconomíaÚltima hora

O Centro de Deportes Barco pon en marcha unha iniciativa para axudar á hostalaría barquense

Porá á venda mascarillas solidarias cuxa recadación irá destinada a este sector no Barco de Valdeorras

Mascarilla do C.D. Barco.

 

Todos estamos sufrindo os efectos da crise sanitaria, pero un dos sectores máis afectados é o pequeno comercio e especialmente a hostalaría. Por iso, dende o Centro de Deportes Barco poñen en marcha unha iniciativa solidaria para apoialo.

Tal como informa o presidente, Nilo Ramos, a través dun comunicado oficial, o C.D. Barco porá á venda xunto con todos os seus patrocinadores e o Grupo Mahou, “unhas mascarillas co escudo do club solidarias e reutilizables cuxa recadación irá destinada integramente a axudar ao sector da hostalaría do concello do Barco”. As mascarillas custan 10 euros e as tallas van dende as que serven para nenos de dous anos ata a talla XL para os adultos.

 

 

Con esta acción o club barquense quere “devolver dentro das nosas posibilidades, parte da colaboración que este sector sempre tivo connosco”, asegura o presidente, animando a toda a poboación a “consumir nos locais hostaleiros do noso concello”.

 

Catel que poderá verse nos establecementos nos que se vendan as mascarillas.

Artigos relacionados

Back to top button