A RúaConcellosÚltima hora

O Centro de Día da Rúa celebrará unha xornada de portas abertas o vindeiro 21 de setembro

Ademais, do 23 de setembro ao 9 de decembro celebrarase cada xoves un obradoiro de autocoidado

Obradoiro de elaboración de doces no Centro de Día antes da pandemia./ Foto: Calos G. Hervella.

 

Con obxectivo de abrir a instalación á poboación, dende o Centro de Día da Rúa (pertencente á Rede de Centros de atencion ós maiores da Xunta de Galicia) están organizando unha serie de actividades para este mes de setembro.

A primeira, prevista para o 21 de setembro con motivo do Día Internacional do Alzheimer, será unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o centro. “Para que se vexa o que fan durante o día os usuarios que están no centro”, explican dende A Rúa.

E só dous días máis tarde, o 23 de setembro ás 16 horas, comezará un obradoiro de autocoidado titulado “Eu coidome, e ti?” para a poboacion en xeral que será impartido pola psicóloga do centro. “Será nunha instalación municipal pendente de definir, ou ben no Centro Cultural Avenida ou no Salón de Actos do Concello, para un máximo de 15 persoas”, explican dende a organización. A actividade será todos os xoves ata o 9 de decembro e “se ten éxito farase outra edición de xaneiro a abril”, aseguran.

Para máis información e inscricións chamar o Centro de Dia: 988 312 302.

 

Artigos relacionados

Back to top button