A RúaConcellosÚltima hora

O Centro de Día da Rúa pon en marcha un obradoiro de autocoidado

As sesións, dunha hora de duración, celébranse no Salón de Actos do Concello os xoves de 16 a 17 horas

 

Que a xente coñeza as instalacións e sobre todo o servizo que se ofrece para persoas maiores e dependentes, é o obxectivo que se marcan dende o Centro de Día da Rúa, e para iso decidiron abrilo á poboación, levando algunhas das actividades que organizan, fóra do edificio.

É o caso do obradoiro de autocoidado titulado “Eu coidome, e ti?” impartido pola psicóloga do centro, que dende hoxe e ata o 9 de decembro, impartirase todos os xoves de 16 a 17 horas no Salón de Actos do Concello, para un máximo de 15 persoas. “Tratamos temas como a autoestima, a comunicación, a empatía ou a relaxación, facendo fincapé na idea de ‘mente sá corpo san”, explica a psicóloga, Mª Sol, incidindo na importancia de que as persoas que tanto se adican a coidar dos demais, empecen a pensar e coidarse a si mesmas.

A primeira sesión, á que acudían unha decena de mulleres, celebrábase na tarde deste xoves 23 de setembro e dende a organización aseguran que “se ten éxito farase outra edición de xaneiro a abril”.

Para máis información e inscricións chamar ao Centro de Dia: 988 312 302.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button