OurenseÚltima hora

O Centro de Intelixencia Artificial de Ourense incorpora os primeiros enxeñeiros informáticos

Édgar Figueiras e Ignacio Abadín, formados no campus da cidade, son os primeiros de ducias que se sumarán proximamente

O alcalde de Ourense cos enxeñeiros e o director xeral de Intelixencia Artificial.

 

Na mañá deste venres, 18 de setembro, tomaban posesión do seu cargo os dous primeiros enxeñeiros informáticos que formarán parte do plantel do Centro de Intelixencia Artificial de Ourense.

Trátase de Édgar Figueiras e de Ignacio Abadín, dous científicos ourensáns formados no campus da cidade, que acompañarán ao director xeral de Innovación, Tecnoloxía e Intelixencia Artificial, David Olivieri, na posta en marcha do proxecto que desenvolve o Concello de Ourense en “La Molinera”. A eles uniranse a semana próxima un terceiro enxeñeiro, e ducias deles máis ao longo dos próximos meses que traballarán co director xeral en diferentes proxectos cos que combinarán a investigación co desenvolvemento de novos servizos tanto para o Concello, “en apoio ao traballo que se realiza en diferentes áreas municipais, coma para as empresas locais e para a cidadanía”, explican dende a entidade local.

No acto, presidido polo alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome, Édgar Figueiras dixo estar “moi orgulloso de formar parte deste proxecto que axuda a reter o talento total, que temos moito, e sobre todo por ter aquí a Escola de Informática, no campus de Ourense”. Para Figueiras é un “proxecto moi intelixente” que “pode reverter na pequena empresa e valorar Ourense e á axente que traballa aquí a un nivel superior”.

Pola súa banda, Ignacio Abadín aseguroi sentirse “entusiasmado porque é un proxecto que a Ourense lle facía falta e que vai dar moito de que falar nos próximos anos. Necesitamos este proxecto en Ourense”. O enxeñeiro avanzou que desde o equipo do Centro de Coñecemento “traballaremos forte para crear unha boa base para seguir avanzando co paso do tempo e conseguir proxectos moi bos para Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button