En portadaÚltima hora

O Centro de Interpretación das Covas do Courel (Meiraos), primeiro “Museo Vivo” de Galicia

Este proxecto prové con solucións tecnolóxicas a apertura (Plataforma Intelixente de Apertura e Videoseguimento) de elementos de dinamización territorial.

Centro de Interpretación Covas do Courel (Meiraos-Folgoso do Courel)./ Cedida.

 

Dende o seus comezos os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) teñen contribuido a impulsar a divulgación e promoción dos valores etnográficos, culturais, naturais e medioambientais dos seus territorios ca cofinanciación de Centros de Interpretación, Aulas de Natureza, Museos e outros elementos ou fórmulas análogas, que son lugares de referencia para a educación ambiental, cultural, patrimonial e de atracción turística para os visitantes.

O proxecto “Museos Vivos”, xurdiu para dar solución á problemática que estes centros de difusión da cultura do territorio teñen no medio rural por non contar en moitos casos de persoal suficiente para mostralos. Coa finalización da dotación do equipamiento tecnolóxico, financiado con Fondos Leader no ano 2020, o Centro de Interpretación das Covas do Courel en Meiraos (Folgoso do Courel) será o primeiro centro de Galicia que pasa a formar parte da rede de museos vivos de España (http://museosvivos.com/), “ao contar con unha plataforma intelixente de apertura, e no que en breve se unirán tamén en Galicia a Basílica da Asunción en Allariz, e a Aula da Natureza Brañas de Valga en Mesía-Visantoña”, adiantan os promotores da iniciativa.

“Museos Vivos” é un proxecto de cooperación interterritorial, liderado en Galicia dende o GDR Ribeira Sacra-Courel no que tamén participan como socios a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes e o Grupo de Densenvolvemento Rural Limia-Arnoia, e varios GALs de Castela e León, Portugal e Romanía, que ten por obxectivo “mostrar a toda a poboación que os territorios rurais saben manter e divulgar a súa cultura e tradición, ao mesmo tempo que incorporan a tecnoloxía que os novos tempos pon a disposición de toda a sociedade”.

Artigos relacionados

Back to top button