SanidadeÚltima hora

O Centro de Saúde da Rúa comeza a facer test masivos do estudo epidemiolóxico do Covid-19

 

Aínda que xa comezaran de forma puntual o pasado xoves, era neste luns 27 de abril cando empezaban a realizarse test masivos do estudo epidemiolóxico do Covid-19, na carpa instalada para tal fin no aparcadoiro do  Centro de Saúde da Rúa.

Estes test realízanse de forma aleatoria, poñéndose en contacto dende o Centro de Saúde cos seleccionados, que no caso da Rúa son 139, segundo informan dende o Sergas. O obxectivo é realizar un sondeo masivo para ter unha orientación da porcentaxe de poboación que pode estar contaxiada.

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button