En portadaGalerías de fotosSanidadeÚltima hora

O Centro de Saúde da Rúa estrea ascensor

Os usuarios xa poden utilizar a instalación á que teñen que acceder dende o exterior do edificio

Catro meses despois de comezar as obras, os usuarios do Centro de  Saúde da Rúa xa poden utilizar o ascensor instalado no exterior do edificio.

A accesibilidade é unha das moitas deficiencias coas que conta o centro médico rues, que se encontra nun estado bastante precario. A falta de acordos para a construción dun novo edificio (prometido dende hai moitos anos), a nova instalación soluciona en parte este problema aínda que, tanto pacientes como traballadores, teñen aque saír do edificio para poder usalo coas dificultades que iso implica, especialmente no inverno.

A obra custou algo máis de 60.000 euros financiados  ao 50% entre o Concello da Rúa e a Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button