A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Centro de Saúde da Rúa homenaxea ao doutor Pablo Deramond con motivo da súa xubilación

 

Nado en Temuco (Chile) en 1956, Pablo Alberto Deramond Mundaca chegaba a España con 16 anos e no momento de ir á Universidade decantábase pola rama de Medicina estudando en Salamanca e tamén en Santiago de Compostela.

Corría o ano 1987 cando entraba no Hospital de Valdeorras onde exerceu como doutor de Medicina Xeral ata que no 2000 recalaba no Centro de Saúde da Rúa onde permanecía ata a súa xubilación, a finais de abril deste 2022. E era precisamente no centro médico rues onde, no mediodía deste mércores 22 de xuño, os seus compañeiros de traballo durante os últimos vinte anos, algúns xa xubilados que se achegaban expresamente para acompañalo, rendíanlle unha merecida homenaxe a modo de despedida, compartindo petiscos, un viño e os mellores desexos para o futuro.

Casado e residente en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), Pablo é unha persoa moi coñecida na comarca, non só polo seu labor no ámbito sanitario, senón tamén no político ao que estivo fortemente vinculado.

 

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button