En portadaÚltima hora

O Centro de Saúde da Rúa terá en breve o ascensor

O Concello e a Consellería de Sanidade asinan un convenio para a súa construción presupostada en 60.449,41 euros

Ten moitas deficiencias posto que se trata dun edificio moi antigo que dá servizo a unha poboación numerosa e moi envellecida, pero unha das principais demandas do Centro de Saúde da Rúa, a acesibilidade ao segundo andar, quedará subsanada en breve coa construción dun ascensor exterior.

Así o aseguraba a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello da Rúa e a Consellería de Sanidade, que tiña lugar na mañá do 2 de agosto no Salón de Plenos rues. O documento rubricado pola alcaldesa María González Albert e o conselleiro Jesús Vázquez Almuiña, garante a a achega por parte da Xunta da metade do orzamento da obra (60.449,41 euros) dos cales o Concello aportará a outra metade.

Segundo as palabras da alcaldesa, esta obra máis que unha necesidade “é unha urxencia e este é un gran paso para este centro do que se beneficirán os veciños e veciñas da Rúa”, cuxo prazo estimado de execución é de dous meses. Está previsto que os traballos empecen aproximadamente dentro dun mes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button