En portadaÚltima hora

O Centro de Saúde do Barco, entre os 23 da provincia nos que os usarios cambiarán de médico polo concurso de traslados

Un total de 37 médicos e un pediatra tomarán posesión esta semana das súas novas prazas nos centros de saúde do Barco, Ourense, Cea, Pereiro, Castro Caldelas, Vilar de Santos, Boborás, Leiro, Irixo, Xinzo, O Carballiño, Maceda, Amoeiro, A Merca, Monterrei, San Amaro, Toén, Cenlle, A Valenzá, Maside, Verín, Esgos e Nogueira de Ramuín
Fachada do Centro de Saúde do Barco.

Coa publicación, o pasado venres no DOG, da resolución definitiva do concurso de traslados para persoal facultativo de Atención Primaria, trinta e sete médicos de familia e un pediatra, cesarán nas súas prazas actuais e tomarán posesión nos distintos Centros de Saúde da provincia de Ourense, ao longo desta semana ou en próximos días, segundo vén de informar a Consellería de Sanidade.

Os profesionais, que obtiveron praza neste concurso de traslados, incorporaranse ao longo dos vindeiros días aos Centros de Saúde de A Ponte, Valle Inclán, A Carballeira, A Cuña, Castro Caldelas, Novoa Santos e O Couto, en Ourense, e aos de San Cristobo de Cea, O Barco de Valdeorras, Pereiro de Aguiar, Vilar de Santos, Boborás, Leiro, O Irixo, Xinzo de Limia, O Carballiño, Maceda, Amoeiro, A Merca, Monterrei, San Amaro, Toén, Cenlle, A Valenzá, Maside, Verín, Esgos e Nogueira de Ramuín.

A toma de posesión da nova praza debe efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao cesamento, se a praza desempeñada e a adxudicada pertencen a mesma área de saúde, e no prazo de quince se son de distintas, dentro do Servizo Galego de Saúde, dispoñendo ata dun mes cando procedan doutros servizo de saúde do estado.

O traslado destes profesionais leva parello o cambio de médico de miles de usuarios da provincia, a maioría dos que desexen continuar sendo atendidos no mesmo centro de saúde, xa que hai que ter en conta coa libre eleción de médico, poden decidir “seguir” ao seu médico ao novo destino.

Neste senso, “e especialmente ao longo desta semana, a Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, solicita a colaboración e comprensión dos usuarios que cambian de médico”.

 

Artigos relacionados

Back to top button