CulturaCulturaÚltima hora

O centro galego en Ponferrada busca amosar a vinculación con Galicia a través do patrimonio do Camiño de Santiago

Antonio Rodríguez Miranda e o director de administración do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, mantiveron unha reunión cos responsables da entidade leonesa

Centro Galicia en Ponferrada.

 

No marco das diferentes liñas de colaboración que as entidades galegas do mundo queren poñer en marcha para potenciar e visibilizar o Xacobeo ao longo do presente ano e do 2022, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda mantiña na xornada deste sábado 30 de xaneiro, unha reunión para coordinar co Xacobeo a implicación do Centro Galicia en Ponferrada nos actos do Ano Santo.

Na reunión estiveron presentes por videoconferencia, o director de administración do Xacobeo, Ildefonso de la Campa, así como o presidente da entidade leonesa, Flaminio González Fernández, e o responsable de acción cultural da mesma, Diego Bello Fernández.

Un dos obxectivos dos programas que está a organizar este centro é dar a coñecer o patrimonio do Bierzo por onde discorre o Camiño de Santiago así como a súa vinculación con Galicia.

 

A reunión tiña lugar por videoconferencia.

 

Artigos relacionados

Back to top button