ConcellosÚltima hora

O ceo de Trevinca, un destino turístico único en Galicia

O Concello da Veiga está a tramitar a cerficación para lograr ser un “Destino Turístico Startligh” e a recabar apoios
Observación astronómica no municipio da Veiga./ Foto: Oscar Blanco Varela. Astronómo que colabora co Concello  no proxecto de "Trevinca : Destino Turístico Starlight".
Observación astronómica no municipio da Veiga./ Foto: Oscar Blanco Varela. Astronómo que colabora co Concello no proxecto de “Trevinca : Destino Turístico Starlight”.

Hai uns meses o Concello da Veiga comezaba o proceso para converterse nun “Destino Turístico Startligh”, é dicir, nun lugar visitable con boas condicións para contemplar as estrelas e protexido de contaminación lumínica, o que o converte en apto para a realización de actividades turísticas ligadas coa astronomía.

A Veiga presentaba unha proposta técnica e económica á Fundación Startlight, que outorga este selo, para inscribirse no proceso e realizar unha auditoría de cara á obtención desta marca turístico. Este proxecto do Concello da Veiga para a designación de Trevinca, como destino Turístico Starligh, vén de acadar o apoio económico da Deputación Provincial de Ourense para a súa posta en marcha, polo importe de 10.000 euros.

A Certificación Startlight permite, por primeira vez, “aunar a ciencia, o medio ambiente e un turismo sostible baseado na astronomía, a visión do firmamento e o mantemento da calidade do ceo, criterios innovadores para o desenvolvemento responsable das súas diferentes actividades. Na base estándar deste desenvolvemento innovador encóntrase o recoñecemento da ciencia no seu dobre valor: como un singular produto turístico e, ao mesmo tempo e en si mesma, como fundamento dunha metolodoloxía de traballo”, segundo a Fundación.

O Concello da Veiga foi xa aceptado no proceso de certificación e, dentro del, atópase na fase de aceptación previa das condicións económicas. Despois virá a fase de auditoría, na que se examinará a calidade astronómica e o potencial e actividades turísticas da zona. Se se supera, lograrase a certificación.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button