ConcellosGalerías de fotosTrivesÚltima hora

O ceo de Trives énchese de cor nunhas inéditas Festas do Cristo

 

Coa esperanza e a ilusión de que dentro dun ano poidan celebrar como de costume as súas festas do Cristo, os triveses vivían unha noite especial o 13 de setembro. Malia ás limitacións debido á panemia do Covid, celebraban dun xeito simbólico e enchendo de luz e cor o seu ceo nocturno cunha sesión de fogos artificiais.

 

 

Comezaban arredor das 23:30h. e tirábanse dende o campo de fútbol do Agro. Dende o CD Trives vén de lanzarse a través das redes sociais unha mensaxe de agradecemento ao “Concello, os locais, asociacións, clubs.., xa que entre todos fomos capaces de celebrar as NON Festas do Cristo 2020. Entre todos fomos capaces de esquecernos durante 15 minutos de este maldito virus que acaba con nós. Tamén fomos capaces de que unha empresa de pirotecnia fixera a sua primeira tirada de fogos de este ano. Co cal, gracias a todo e felices festas do Cristo 2020. Oxalá o ano que vén nos volvamos ver”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button