OurenseÚltima hora

O certame Xuventude Crea premiará a 40 autores da mocidade galega

A directora xeral de Xuventude presentou o programa no Espazo Xove de Ourense
Cecilia Vázquez presentou o certame no Espazo Xove de Ourense.
Cecilia Vázquez presentou o certame no Espazo Xove de Ourense.

Ourense foi escenario o pasado sábado 23 de abril da presentación dunha nova edición do certame Xuventude Crea, posto en marcha pola Consellería de Política Social a través da dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. A titular do departamento, Cecilia Vázquez, avanzou que o concurso xuvenil premiará nesta ocasión o talento de 40 novos autores de 12 especialidades no que, segundo definiu, é a “maior manifestación das posibilidades creativas da mocidade galega”.

O acto de presentación tivo lugar no Espazo Xove da cidade das Burgas, onde Vázquez lembrou que Xuventude Crea conta co obxectivo de “fomentar a creatividade xuvenil”. Este programa conta para este ano cun orzamento de 112.778. Está orientado á participación de mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades entre os 16 e os 30 anos.

Cada unha das especialidades contará con tres premios: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro de 1.000 euros. Entre as 12 modalidades compréndense o teatro, as artes plásticas, a fotografia, a m´sica, o relato breve, a poesía, a videocreación, a banda deseñada, o graffiti, a moda, o deseño de xoias e a cociña. Para a presentación dos proxectos, os participantes contan cun prazo que rematará o día 30 de xuño. As bases pódense consultar no Diario Oficial de Galicia (DOG) do venres 22 de abril.

Artigos relacionados

Back to top button