EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O chef barquense Carlos Parra imparte formación práctica no Castelo de Maceda

Realizou un showcooking ao que asistiron máis de 50 persoas

Á “Formación e sensibilización da oferta complementaria de Galicia” na que a gastronomía ocupa un papel destacado, estivo enfocada a segunda das accións organizadas por Expourense dentro do “Workshop de Comercialización de Turismo de Saúde e Médico de Galicia”. Consistiu nun showcooking sobre gastronomía saudable impartida no Castelo de Maceda polo chef barquense Carlos Parra, ao que asistiron máis de 50 persoas entre as que se encontraban profesionais do sector, futuros profesionais de escolas de hostalaría e blogueiros especializados en turismo gastronómico.

As tres receitas saudables elixidas polo cociñeiro foron: “Crema fría de tomate”; “Ensalada primavera de garavanzos con salsa de aguacate e labras de queixo de cabra semicurado” e “Estofado de verduras con tacos de solombo de porco selecta”. Pratos marinados con viños da D.O. Monterrei e analizados ao detalle pola nutricionista Adriana Fernández Vidal, de El Taller.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close