EconomíaEconomíaÚltima hora

O chef valdeorrés Carlos Parra elabora o menú do restaurante do Inorde en Xantar

A 22ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico celébrase en Expourense ata o domingo 7 de novembro

O chef valdeorrés, Carlos Parra, no restaurante do Inorde, en Xantar.

 

Baixo o título “Ourense, destino enOUgastrómico”, o restaurante do Inorde da 22ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico, ofrecerá ata o domingo 7 de novembro, unha experiencia enogastronómica única a base de produtos locais onde a provincia de Ourense será a protagonista.

O menú, deseñado en colaboración co chef valdeorrés Carlos Parra que será tamén o encargado da súa elaboración, cotará con ingredientes de excepcional calidade: xamón selecta Coren, tomate recheo de requeixo e labras de lacón, empanada de solombo e shitake, fabas lobas de San Martiño, xarrete de tenreira ó viño mencía con puré de patacas e castañas Cuevas ou polo ecolóxico Coren con boletus, Castañas Cuevas en almíbar con crema de limón e leite frito con mel. Acompañadas polo famoso pan de Cea e os viños das adegas das catro Denominacións de Orixe da provincia anteriormente citadas. O prezo do menú será de 29 euros, pero haberá un desconto especial para grupos que poderán degustalo por 25 euros o mércores e o xoves pola noite.

As empresas ourensás que se unen ao Inorde para ofrecer esta experiencia enogastronómica única son os tradicionais aliados como Cuevas que achegará as súas exquisitas castañas e Coren o seu xamón, lacón e polo ecolóxico. Así mesmo, participará tamén a Vaquería da Limia que proporcionará o xarrete de tenreira, protagonista dun dos pratos incluídos no menú, e a explotación ovino e caprino que achegarán estas carnes. As conservas procederán da empresa Conservas do Támega.

 

 

Os produtos de horta como froitas e verduras correrán a cargo de Castañas Rafael, Legufrut Agro e Vilaberries SAT. As setas, protagonistas dun dos pratos do menú, serán de Shiitake Trives. E, as patacas, procederán de Patatas Fritas Guays, Patatas Ama e Patatas Puga Verín. As castañas, produto estrela de calquera prato ourensá outonal, serán subministradas, ademais de por Cuevas, por Amarelante, Pecado de Outono, e Castañas Petelo. Os ingredientes lácteos que se empregarán na elaboración de ditos pratos serán da Cooperativa Santa María de Loureiro.

A perfecta maridaxe entre os selectos pratos servidos con viños de calidade das catro Denominacións de Orixe, poderase producir grazas a participación das seguintes empresas vitivinícolas adheridas ao Agricnect: Adegas Celme , Benigno Rios Mosquera, Adega Pazo do Mar, Adegas Valdavia, Vinos Antonio Montero, José Antonio Rodríguez Fernández, Adega Alecrín, Carlos Caneiro Núñez, Bodega Cooperativa Virgen de las Viñas, Adega Cachín, Gargalo, e José Antonio Da Silva Pereira. E, os licores, serán de Ecos da Pedra.

Artigos relacionados

Back to top button