SanidadeÚltima hora

O CHUO rexistra un novo falecemento dun paciente con coronavirus

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nas últimas horas Galicia vén de sumar catro novos falecementos de persoas diagnosticadas por coronavirus, tal e como confirma a Consellería de Sanidade. Entre eles está o dun varón de 67 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e que tiña patoloxías previas.

Ademais falecían un varón de 89 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS); unha muller de 90 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e unha muller de 86 anos que estaba ingresada no Hospital do Barbanza. Todos eles tiñan patoloxías previas, indica Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button