SanidadeÚltima hora

O CHUO suma un novo falecemento dunha paciente con coronavirus

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Unha muller de 63 anos diagnosticada por coronavirus e que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) vén de falecer nas últimas horas, segundo confirma a Consellería de Sanidade. A paciente tiña patoloxías previas.

Ademais nas últimas horas tamén perdían a vida en Galicia outras cinco persoas con Covid-19. Son unha muller de 87 anos que estaba ingresada no CHUAC; unha muller de 62 anos que estaba ingresada no CHUS, dous homes de 87 e 82 anos que estaban ingresados en POVISA e unha muller de 82 anos que estaba ingresada no Álvaro Cunqueiro. Todos eles tiñan patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button